Xavier Caro: “O PP non pode mirar aos traballadores á cara”

Ferrol, 22 de xaneiro de 2008

O candidato ao Congreso Xavier Carro declarou hoxe que, lamentablemente, o PP continúa de agoreiro de desastres na comarca de Ferrol pese a non poder mirar á cara aos traballadores. Carro, que fixo estas declaracións un día despois de se reunir co comité de empresa de Navantia, recordou que, en 2004, “a situación da empresa e dos estaleiros de Ferrol e Fene era de desastre, con obriga de pagar unha multa multimilonaria á UE, co comité de empresa sancionado, cun proceso de venda de activos de Izar en marcha e cunha negociación do convenio colectivo que xa duraba 18 meses”.
Pola contra, tras catro anos de goberno socialista, Navantia ten hoxe asegurada carga de traballo ata o ano 2014, empresas e traballadores saben que o contrato de Australia permitirá a creación de novos postos de traballo na comarca e que se está a traballar en novos contratos que afecarán positivamente ao estaleiro ferrolán, ás instalacións de Fene e tamén a Turbinas.

Xavier Carro sentenciou: “O PP quere que a comarca de Ferrol vaia a peor”.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: