+ Economía

Xavier Carro: “O PP carece de propostas económicas para Ferrolterra”
“Limítanse a propoñer como novidades proxectos que xa están en marcha”
Ferrol, 23 de febreiro de 2008
O candidato ferrolán Xavier Carro ven de criticar hoxe as “ideas” do PP para activar a economía da comarca. “Acabo de almorzar lendo como se fora unha novidade que o PP propón a creación de dous millóns de metros cuadrados de solo industrial en Ferrol, en Mandiá e San pedro de Leixa, é dicir, dous polígonos que xa están aprobados: non teñen nin unha soa idea nova ou orixinal, limítanse a ofertar o que xa outros puxemos en marcha”. Neste sentido Xavier Carro recordou tamén como “o PP foi propoñer aos membros da asociación impulsora do Plan Ferrol un suposto plan novo e empresarios e sindicatos lles contestaron que querían o que estaba en marcha”. “Non dan unha!” –recalcou o deputado socialista.
De igual xeito, o candidato ao Congreso analizou os datos recén publicados: Seis de cada cen empresas da comarca que facturan mais de 470.000 euros creceron por riba do 25% de forma continuada durante os tres últimos anos de goberno socialista, segundo o informe anual da Zona Franca de Vigo. Ferrolterra, Eume e Ortegal aportan 35 firmas ao conxunto de empresas galegas de elevado crecemento.
Neste sentido, Xavier Carro defendeu o éxito do Plan Ferrol, que traballa no apoio económico á ampliación das empresas da zona ou á implantación de novas sociedades, e polo tanto contribúe a crear emprego e a diversificar de forma eficiente o tecido industrial da comarca. Carro instou á sociedade ferrolá a apoiar co voto o 9 de marzo ao Partido Socialista, “para manter e incrementar o Plan Ferrol, que tan bos resultados está a dar”. En Ferrolterra creáronse nos últimos anos 5.000 novos postos de traballo, fronte a unha tendencia de destrución sistemática do emprego na comarca nos anos de goberno do PP.
Para Xavier Carro, “se os socialistas non gobernan tras o 9 de marzo, si que se vai ralentizar o crecemento económico, pero non o crecemento económico dos membros do PP senón o dos traballadores, que van ter que sufrir recortes nos salarios, nas pensións e nas prestacións sociais, porque o PP non cre no Estado do benestar, o PP cre só no benestar dos seus”.
Encontro coa xuventude
Durante a mañá, os candidatos Xavier Carro e Sandra Ríos reuníranse nunha cafetería das inmediacións do campus cuns trinta mozos e mozas adscritos a diversas organizacións xuvenís. No encontro, no que se pediu o voto para José Luis Rodríguez Zapatero, destacouse o Plan de Vivenda, a Renda de Emancipación e o aumento do salario mínimo interprofesional como algúns dos logros máis importantes en materia de xuventude dos últimos trinta anos.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: