Xavier Carro: apoia ás peticións dos traballadores de Megasa ao Ministerio de Traballo

Ferrol, 22 de xaneiro de 2008

O candidato socialista ao Congreso dos deputados, Xavier Carro, reuniuse onte –acompañado dos membros da sección sindical de UGT en Megasa- co subdelegado do Goberno en A Coruña, para darlle traslado dun informe elaborado polo sindicato no que se xustifica o nivel de risco e penosidade das condicións de traballo nos postos mais directamente relacionados cos fornos da siderúrxica. Carro apoiou a solicitude dos traballadores á Seguridade Social para que este organismo aplique “coeficientes redutores” que permitan a xubilación anticipada destes traballadores, como xa se fai nos sectores da pesca e a minería.
O subdelegado do Goberno comprometeuse a solicitar á Inspección de Traballo un informe sobre as condicións nas que se desenvolven os seus cometidos eses traballadores e a trasladar a solicitude ao Ministerio de Traballo.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: