+ economía e benestar

Carro: “Os socialistas, na próxima lexislatura, aumentaremos o emprego e melloraremos a súa calidade”
Ferrol, 24 de febreiro de 2008
Os candidatos ferroláns ao Congreso, Xavier Carro, e ao Senado, Sandra Ríos, protagonizaron esta mañá actos públicos nos locais sociais da Graña e A Cabana.
O deputado Xavier Carro fixo nos dous mitins un amplo resumen da política de benestar e emprego do goberno de Zapatero e das propostas socialistas nesta materia: Achegar a economía española e galega ao pleno emprego, mellorando a calidade do traballo e a súa estabilidade, favorecer a creación de dous millóns de novos postos de traballo e reducir a taxa de desemprego ata o 7%, diminuír taxa de temporalidade e elaborar no Parlamento unha nova Lei xeral para o emprego para mellorar os sistemas de intermediación laboral e favorecer as oportunidades de emprego de calidade.
Carro recordou que esta foi a lexislatura na que se aprobou o Estatuto do Traballador Autónomo, que recoñece novos dereitos a estes traballadores e mellora as súas prestacións sociais, así como a lexislatura do incremento do salario mínimo (sobre o que se calculan moitos convenios colectivos, e tamén as pensións) ata 600 euros. Nos próximos catro anos, o Partido Socialista desenvolverá o Estatuto do Autónomo e incrementará ata os 800 euros mensuais o salario mínimo.
Ademais, Carro recordou que no programa socialista inclúese o compromiso de reducir en 400 euros o IRPF de asalariados, pensionistas e autónomos, a exención do imposto de sucesións para herdanzas inferiores a 60.000 euros e a eliminación do imposto sobre o patrimonio para mellorar a situación fiscal das clases medias.
A candidata ao Senado, Sandra Ríos, resumiu na súa intervención a parte do programa electoral socialista especificamente dedicado ás familias e a infancia: extensión da educación infantil de 0 a 3 anos, ampliación a 12 anos do límite de idade para que o pai ou a nai teñan dereito á redución da xornada laboral por coidado dos fillos, ampliación do permiso de paternidade creado nesta lexislatura e creación dun Observatorio de Prezos para beneficio dos consumidores.
Coa garantía de ter cumprido o programa co que o PSOE presentouse ás eleccións hai catro anos, Sandra Ríos anunciou tamén a subida das pensións mínimas ata alcanzar os 850 euros ao mes para pensións de xubilación con cónxuxe a cargo e a 700 para as persoas que vivan soas, na súa maioría viúvas.
AVISO IMPORTANTE:
O xoves 28, ás 20:00 horas, no pavillón de Riazor, mitin de José Luis Rodríguez Zapatero. Haberá buses gratuítos que sairán de Ferrol ás 17:00 horas (con saída das inmediacións do monolito a Pablo Iglesias no Cantón de Molíns e recollida de pasaxeiros na parada de Caranza nas Pías). Os interesados deben apuntarse chamando aos teléfonos 981944034 e 981320480.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: