Alfonso Guerra en Narón

Alfonso Guerra estará o martes no pavillón de Santa Icía (Narón) na única visita que fará a Galicia
Ferrol, 14 de febreiro de 2008
1.
O ex vicepresidente do goberno, Alfonso Guerra, participará o martes 19, ás 20:00 horas nun encontro cos militantes e simpatizantes do PSdeG-PSOE no pavillón polideportivo de Santa Icía, en Narón.
Alfonso Guerra, militante no PSOE desde a súa mocidade, na clandestinidade, entrou na comisión executiva do partido en 1970. Desde 1977 é deputado e, actualmente, é Presidente da Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados e preside a Fundación Pablo Iglesias .
O deputado Xavier Carro (candidato á reelección o 9M) asegurou hoxe que “foi a visita a Ferrol de Alfonso Guerra, na campaña electoral de hai catro anos, o que marcou a extraordinaria mobilización de Ferrolterra nas votacións”, e aludiu a Guerra como “unha persoa extraordinariamente aprezada polos militantes e os simpatizantes do Partido Socialista.
2.
Por outra parte, no acto electoral celebrado hoxe no local social da Gándara, en Narón, coa presenza do concelleiro Vicente Rivas e os candidatos Xavier Carro e Sandra Ríos, o candidato ao Congreso insistiu na necesidade de que a cidadanía se mobilice activamente a favor dun goberno que traballa pensando nos cidadáns para solucionar os problemas da sociedade en lugar, en referencia ao PP, de dar solucións “brutais”, como eles mesmos din, para problemas que se inventan.

Carro asegurou que o goberno de Zapatero traballou estes catro anos nun profundo proceso de transformación da sociedade española en todas as ordes, e o PSOE demostrou que cumprimos a palabra que damos.
A candidata ao Senado, Sandra Ríos, defendeu o papel da xuventude e as mulleres no desenvolvemento das políticas do Partido Socialista e comprometeu dedicar os seus esforzos á mellora do ensino público en todos os seus niveis, á investigación e a favorecer o acceso de todos á cultura, así como ao mercado laboral e á vivenda.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: