fiscalidad e benestar

Xavier Carro explica a política fiscal do Partido Socialista
“Os socialistas traballamos para buscar solucións aos problemas da xente, e outros inventan problemas para poder decir que teñen solución”
Ferrol, 27 de febreiro de 2008
Os candidatos ferroláns ao Congreso, Xavier Carro, e ao Senado, Sandra Ríos, dedicaron hoxe boa parte da xornada e do seu mitin en Mugardos a explicar aos votantes a política fiscal que José Luis Rodríguez Zapatero propón para os próximos catro anos.
Carro fixo referencia á medida anunciada polo vicepresidente económico Pedro Solbes para facilitar que aquelas familias en situacións difíciles que o desexen, poidan ampliar de forma gratuíta o prazo da hipoteca da súa vivenda para ver así reducidas as súas cotas mensuais. O incremento dos tipos de interese do Banco Central Europeo aumentou a carga financeira daqueles fogares que teñen hipoteca sobre a súa vivenda habitual, ao incrementar as cotas a pagar dos seus préstamos.
Para axudar a afrontar esta situación o PSOE xa anunciou unha dedución de 400 euros anuais para a próxima lexislatura por cada traballador, autónomo ou pensionista, 800 euros por familia se traballan os dous, polo que o aumento dos tipos compénsase. No entanto, pode haber familias con especiais dificultades que necesiten diminuír a cota mensual da súa hipoteca. A ampliación do prazo da hipoteca é unha vía para reducir a cota mensual a pagar. Pero esta ampliación comporta, en moitas ocasións, gastos de distinta natureza -rexistro, notaría, comisións e xestoría- que poden chegar a ter un efecto disuasorio. Por iso, propómonos tomar as medidas necesarias para que as familias en situacións difíciles poidan ampliar de forma gratuíta o prazo da hipoteca da súa vivenda habitual.
O deputado ferrolán Xavier Carro explicou tamén outras medidas incluídas no programa electoral do PSOE, como a exención do pago do Imposto de sucesións ás herdanzas inferiores a 60.000 euros ou a eliminación do Imposto do Patrimonio, co que se mellorará a situación das clases medias.
O PSOE comprométese a traballar na próxima legislatura na mellora da equidade do gravamen, o que supón fundamentalmente variar os mínimos exentos. Con estas políticas, “demóstrase unha vez mais –asegura Carro– que non é o mesmo votar PP que PSOE, e que os socialistas traballamos para buscar solucións aos problemas da xente e outros inventan problemas para poder decir que teñen solución”.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: