Web electoral

Presentada a web electoral de Ferrolterra, a única comarcal de España
Ferrol, 20 de febreiro de 2008
O candidato ao Congreso Xavier Carro e o secretario ferrolán de Xuventudes Socialistas, Julián Reina, presentaron esta tarde a web ferrolterraelecciones2008.psoe.es nun acto celebrado na sede do partido. Carro defendeu o uso deste instrumento de comunicación baseándose na propia experiencia co seu blog, que mantén desde hai máis dun ano e a través do cal comunicouse neste tempo con máis de 12.000 internautas, “unha cantidade enorme e imposible con ningún outro medio”.
A web electoral do PSdeG-PSOE de Ferrolterra é a única comarcal que o Partido Socialista mantén en España, pois a estrutura do resto das webs electorais socialistas é provincial. “Iso tamén fala da importancia que para os socialistas ten esta comarca”, afirmou Carro.
A web divídese en nove apartados:
1. Axenda e Novas: se actualizará diariamente, de xeito que se poderá facer un seguimento case en tempo real dos actos que van tendo lugar na comarca.
2. Con F de Ferrolterra: a través de este enunciado se accede a un documento en formato PDF no que Xavier Carro describe o traballo que desenvolveu no Congreso estes catro anos.
3. Última hora: inclúe as novas dos últimos días, as de máis actualidade.
4. Noticias: relación das noticias que os candidatos van xerando. As novas de “Última Hora” iranse almacenando neste apartado unha vez sexan substituídas polas máis actuais, a xeito de hemeroteca.
5. Pregunta aos teus representantes: os usuarios da web electoral poderán dirixirse aos candidatos para remitirlles as dúbidas que xurdan; eles mesmos serán os encargados de respostar.
6. Vídeo destacado: dado o carácter audiovisual da campaña das xerais 2008, a web electoral non quere quedarse atrás, e inclúe na súa “Home” a posibilidade de ver o vídeo máis actual que faga referencia á campaña.
7. Mándanos as túas propostas: o PSdeG-PSOE abre liñas de comunicación cos cibernautas coa fin de ampliar o número de ideas que fagan mellorar a comarca. Neste apartado poderanse expoñer todas aquelas propostas que axuden a crear un plan de accións de mellora.
8. O Blog da Campaña: pretende ser o Caderno de Bitácora do día a día na campaña dos candidatos da comarca.
9. Candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia de A Coruña: o “quen é quen” da lista de candidatos de A Coruña. O documento inclúe nome, foto e breve currículo.
Tamén Xuventudes Socialistas manterán dous blogs durante a campaña electoral nos que darán a coñecer a súa visión do día a día da campaña, das propostas dos partidos e –no no caso do blog local– farán un exhaustivo seguimento dos actos comarcais. Os enderezos destes blogs son:
xsg-ferrol.blogspot.com
xuventudessocialistas.blogspot.com
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: