Políticas de Igualdade

Xavier Carro alerta da posibilidade de que as políticas de igualdade sufran retrocesos
Ferrol, 13 de febreiro de 2007
A igualdade de mulleres e homes, que é un mandato constitucional e un dereito aparentemente aceptado por todos, precisa do traballo constante dos cidadáns e da vontade dos gobernos. Se ben os avances nestes últimos catro anos foron de moita importancia, o PSdeG_PSOE –por boca de Xavier Carro– animou ás asistentes ao acto de hoxe no centro cívico de Caranza “a non baixar a garda porque as conquistas sociais non están seguras”. O deputado lembrou que “existen forzas reaccionarias que queren volver atrás” e, de feito, recordou que o Partido Popular, non só votou no Congreso contra a Lei de Igualdade senón que recurriu a lei ante o Tribunal Constitucional, que tampouco lle deu a razón.
Para Carro, a “Lei de Igualdade abre a porta a un camiño que hai que recorrer”, e “hai quen quere pechar esa porta de novo”.
A concelleira ferrolán e candidata ao Senado Sandra Ríos destacou na súa intervención “o avance imparable das políticas de igualdade nestes anos de goberno socialista”, así como o cumprimento das grandes liñas do compromiso electoral de Rodríguez Zapatero: goberno paritario, creación da Secretaría Xeral de Políticas de Igualdade, Lei Integral contra a Violencia de Xénero e Lei de Divorcio.
A lei de igualdade naceu cos obxectivos de eliminar toda discriminación por razón de sexo e de facer efectivo o principio de igualdade de trato, e con vocación de erixirse na lei-código da igualdade entre homes e mulleres. As diferenzas salariais e na taxa de actividade entre mulleres e homes son todavía moi elevadas e prexudican ás mulleres. Por cada home que abandona o seu posto de traballo por razóns familiares, fano 27 mulleres; de cada 10 contratos temporais, 8 son ocupados por mulleres; e o 78% dos contratos a tempo parcial tamén son ocupados por mulleres.
Por iso, destacou Sandra Ríos, a Lei de Igualdade é un dereito de xustiza, que aumenta a calidade democrática do noso país e é unha aposta estratéxica de desenvolvemento económico que se completa con outras medidas aprobadas no Congreso nesta lexislatura: o aumento das pensións de viuvez, a Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, o fondo de garantía de pago de alimentos, o permiso de paternidade de 15 días, a ampliación ata os 8 anos da posibilidade de redución de xornada por custodia legal dun menor e a protección da maternidade en igualdade de condicións nos réximes especiais da Seguridade Social, entre outras moitas.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: