Votar polo progreso

Carro afirma que o PP non quere que a xente vote “porque non confían neles mesmos”
O deputado di que “se a xente vota é polo progreso, non polo regreso da dereita”
Ferrol, 1 de marzo de 2008
Os candidato ferrolán ao Congreso polo Partido Socialista, Xavier Carro, asegurou onte que a decisión sobre quen vai gobernar a partir do próximo domingo este país afecta a todos os españois, pero aínda mais aos que teñen toda a vida por diante, dixo en referencia aos rapaces e rapazas. “Para os que desexan un país no que a xente viva libremente, sen medo por ser diferente ou por non pensar como a maioría a súa opción política é o PSOE”, dixo Carro.
O deputado socialista insistiu en que non é o mesmo “que goberne o PSOE a que o faga a dereita máis rancia de Europa, a que tenta conseguir os votos da xente meténdolle o medo no corpo”. “España é hoxe –dixo Carro– un país respetado no mundo, cunha democracia consolidada e algunhas das políticas sociais máis avanzadas de Europa. Non dar un paso atrás é responsabilidade de todos, acudindo masivamente a votar o domingo próximo”.
Xavier Carro recordou que “os dereitos aprobados polo Parlamento nesta legislatura hai todavía que desenvolvelos, e o PP non está por ese labor. A posta en funcionamento da Lei de Dependencia, por ejemplo, que é xa o cuarto pilar do Estado de Benestar precisa dun goberno socialista que desenvolva os regulamentos e dote os orzamentos precisos. O PP –se é que mantén a Lei– vai poñer todo en mas privadas, como quere facer coa Educación e a Sanidade”.
O deputado pediu o voto aos traballadores, avalado pola xestión socialista a favor do diálogo social: “o Goberno de Rajoy fixo decretazos e o goberno de Zapatero asinou 20 acordos sociais, porque a paz social xera emprego estable, máis igualdade entre homes e mulleres e protección social, que é o noso gran obxectivo”.
Carro recordou que hai un par de días “un dos dirixentes do PP dixo que a súa estratexia electoral é que se absteña a xente, sementando temor coa economía e coa inmigración”, como vedes, na comarca apenas están a facer campaña: “queren que se absteña a xente, porque se a xente vota, vota polo progreso e non para que regrese a dereita”.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: