Votar para impulsar o progreso de Galicia

Carro: “Se o PP non é quen de que a xente quede na casa sen ir votar imos superar á dereita”
O deputado socialista chama a votar “para impulsar o progreso de Galicia”
Ferrol, 2 de marzo de 2008
A consellería de Política Territorial, María José Caride, deu hoxe un mitin improvisado nas rúas de Cedeira, ante máis de trescentas persoas que se reuniron ao seu derredor no feirón da vila. A conselleira comprometeu o apoio do PSdeG-PSOE e da Xunta ao corredor transcantábrico e tamén a mellora da estrada Ferrol-Cedeira.
O deputado Xavier Carro, pola súa parte, avaliou moi positivamente as enquisas que sitúan ao PSOE a só 2 décimas do PP na provincia da Coruña cando aínda quedan sete días para as eleccións e, asegurou que “se o PP non é quen de que a xente quede na casa sen ir votar imos superar á dereita por vez primeira nunhas eleccións xerais”. Para o candidato ao Congreso, “estamos a palpar na rúa a ilusión da xente por un goberno que impulsa políticas en beneficio da xente común, fronte a unha dereita crispada e faltona, que amosa un autoritarismo que asusta”.
O PSOE ofreceu onte catro mitins na comarca, ademais do improvisado encontro coa conselleira en Cedeira. A parlamentaria galega Beatriz Sestayo, Amable Dopico e Manolo Santiago estiveron en Mandiá (Ferrol), a candidata ao Senado Sandra Ríos e María Debén en Cabanas, e os candidatos Carmen Marón e Xavier Carro en Cariño e Ortigueira pola tarde.
A candidata Sandra Ríos preguntouse “como imos crer a Rajoy cando di que vai subir as pensións mínimas, se estivo no goberno durante oito anos e non o fixo e nestes catro tampouco o reclamou desde a oposición?”.
Xavier Carro recordou nas súas intervencións que “os cidadáns puidemos comprobar estes últimos catro anos que hai dúas formas ben distintas de ser e de gobernar”, e insistiu en que “para non dar un paso atrás en políticas sociais, para conseguir o aumento do salario mínimo e das pensións, o desenvolvemento das Leis de Dependencia e de Igualdade, e, en definitiva, para que todos poidamos ter o que antes tiñan só uns poucos é preciso que ninguén quede na casa o domingo e que consigamos encher as furnas de votos socialistas”.

IMPORTANTE:
O xoves 6, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Cívico de Caranza, mitin de Jesús Caldera, ministro de Traballo e Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galicia.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: