Tarifa nocturna

Xavier Carro denuncia a campaña de confusión do PP sobre a modificación da tarifa nocturna
Ferrol, 12 de febreiro de 2008
O deputado socialista Xavier Carro denunciou hoxe a campaña de mentiras e información sesgada sobre a modificación a partir de xullo da tarifa eléctrica nocturna. Para Carro, “o único obxectivo do PP é obter beneficios electorais da confusión, pois o cambio de tarifa será, en xeral, beneficioso para os consumidores”.
Segundo datos do Ministerio de Industria, a tarifa nocturna emprégana en España o 5% do total dos clientes domésticos, fundamentalmente para a instalación de equipos de calefacción mediante acumulación nocturna. Estas instalacións consumen electricidade nas “horas val” e proporcionan calor durante todo o día. Trátase de instalacións electro intensivas, que requiren unha potencia contratada elevada, aínda que só fan uso dela misma as horas val de acumulación.
Co traspaso á tarifa recomendada, os consumidores da actual tarifa 2.0.N dispoñerán de máis horas val, 14 horas fronte ás 8 da tarifa nocturna, incluíndo agora o período entre as 8:00h e as 14:00h. A Comisión Nacional da Enerxía afirma que “o efecto de deixar de aplicar a tarifa 2.0.N e aplicarlles a súa respectiva tarifa 2.0.X non é significativo” e ata “os clientes con potencia inferior a 5kW sairían beneficiados” (sendo este o colectivo maior en canto a enerxía e número de clientes). Segundo as nosas estimacións máis recentes, o aforro na parte de enerxía podería roldar o 35%, podendo ser maior aínda se o consumidor realizase xestión da súa demanda desprazando máis consumo ás horas val.
Para a asimilación ás tarifas 2.0.X DH será válido o contador existente para a tarifa 2.0.N, o cal deberá ser substituído só cando así lle corresponda en virtude do Plan de Substitución de Contadores e por conta da empresa distribuidora.
O candidato socialista ao Congreso pediu aos consumidores que se informen sobre as vantaxes das noas tarifas e non se deixen influenciar pola información sesgada que ofrece o Partido Popular.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: