Porta a porta

Os candidatos inician o mércores na Praza do Himno Galego a explicación das súas propostas aos cidadáns

Ferrol, 4 de febreiro de 2008

O deputado e candidato ferrolán ao Congreso, Xavier Carro, a candidata ao Senado Sandra Ríos, concelleiros e militantes iniciarán o mércores 6 de febreiro ás 12:00 horas, na Praza do Himno Galego, as accións do PSdeG-PSOE para dar a coñecer aos cidadáns o balance de legislatura.

Os candidatos reuniránse á hora citada con militantes e simpatizantes e, ás 12:00 horas, farán declaracións á prensa. Posteriormente, o grupo de militantes distribuirase polo entorno do barrio de Esteiro para repartir material explicativo do traballo parlamentario do PSdeG-PSOE e do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.


A lexislatura que ven de rematar caracterizouse pola súa forte estabilidade, o cumprimento dos compromisos políticos e electorais, a xestión rigorosa dos recursos públicos, as novas políticas sociais, o recoñecemento de novos dereitos e unha forma de goberno aberta e dialogante.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: