Carro: “Os socialistas queremos un país alegre e comprometido co futuro, o PP un malhumorado e resignado”
Ferrol, 25 de febreiro de 2008
O coste das medidas que o PSOE propón aos cidadáns a través do programa electoral e se compromete a poñer en marcha se gaña o 9 de marzo é de 22.200 millóns de euros, a metade destinados a medidas de emprego e benestar social. Ningún outro partido fixo nunca este traballo de rigor informativo e credibilidade política. O Partido Socialista avalía o custe de todos os compromisos, calcula o seu impacto nas contas públicas, e amosa que as nosas promesas son financiables e posibles.
Por iso, e porque o goberno de Rodríguez Zapatero xa conta co aval de ter comprimido durante estes catro anos o que prometeu nas pasadas eleccións, o candidato ferrolán Xavier Carro pide o voto para o PSdeG-PSOE, “porque non é o mesmo un partido e un goberno comprometidos coa democracia que un instaurado no pesimismo”, dixo en referencia ao PP. “Non é o mesmo a alegría que a resignación, o diálogo e a convivencia que o ordeno e mando”.
Carro animou aos ferroláns e ferrolás a non deixar de ir votar o 9 de maio, “porque non ir votar e como darlle o voto ao PP” e, sobre todo, “porque está en xogo o Estado de Benestar: as pensións, as axudas á familia, a igualdade de mulleres e homes, o aumento do salario mínimo, a posta en marcha da Lei de Dependencia, as axudas ao aluguer para os xoves e as melloras nos dereitos sociais dos traballadores e os autónomos”. O candidato socialista afirmou que “non hai dúbida ningunha do que eles queren: frear as conquistas sociais e reducir o peso do sector público para favorecer ás empresas privadas”. “Eles non queren un Ministerio de Vivenda, queren un libre mercado que fai imposible o acceso á vivenda aos xoves e aos asalariados. É o mesmo queren para a Sanidade, a Educación e a Xustiza”.
RECORDAMOS:
O xoves 28, ás 20:00 horas, no pavillón de Riazor, mitin de José Luis Rodríguez Zapatero. Haberá buses gratuítos que sairán de Ferrol ás 17:00 horas (con saída das inmediacións do monolito a Pablo Iglesias no Cantón de Molíns e recollida de pasaxeiros na parada de Caranza nas Pías). Os interesados deben apuntarse chamando aos teléfonos 981944034 e 981320480.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: