Porta a porta

Xavier Carro comeza a explicar un por un aos cidadáns o programa do PSOE

Ferrol, 6 de febreiro de 2008

O deputado socialista e candidato ao Congreso Xavier Carro, e a concelleira e a candidata ao Senado Sandra Ríos iniciaron hoxe, acompañados de militantes e simpatizantes, os actos de precampaña “porta a porta”, falando coa xente e escoltando as súas propostas e inquedanzas. O PSdeG-PSOE inicia así unha precampaña positiva, na que fará fincapé na necesidade de construír entre todos unha sociedade “integrada e integradora onde sobran a crispación, a exclusión e a imposición” para conseguir “que España non vaia detrás dos mellores senón que estea entre eles”.

Por outra parte, Xavier Carro saíu tamén ao paso das declaracións do PP, que anunciou “outro Plan Ferrol” se chegara a gobernar. Para Carro, “que critiquen o plan que está en marcha e bo sinal e quere dicir que funciona, porque o que funciona non lle gusta ao PP, queren que todo vaia mal”. Nese sentido, Carro insistiu que “o que diferencia o plan Ferrol de proxectos anteriores que fracasaron é que neste participan, analizan e deciden non só os representantes do goberno, senón a totalidade dos axentes sociais, empresarios e sindicatos; parece que o PP o que propón é un plan no que so estean de acordo eles, xogan outra vez a baza do aillamento en lugar da do traballo en equipo”.

Para Carro, “a pregunta que ten que contestar o PP é se está disposto a asumir e manter as axudas de Industria de 47,2 millóns de euros ao ano ata o 2013 para a creación de emprego, que son as que figuran no Plan Ferrol que está funcionando co consenso de todos”.
Share on Google Plus

About Miguel García

This is a short description in the author block about the author. You edit it by entering text in the "Biographical Info" field in the user admin panel.

0 comentarios: